SICCMA. SOLUCIÓN INTELIXENTE DE CONTROL E COMUNICACIÓN DE MAQUINARIA 

Datas de execución: setembro 2022 - abril 2023

O obxectivo principal de SICCMA é contribuír á transformación dixital das PYMES, especialmente as do sector naval, mediante o desenvolvemento experimental por parte do consorcio dunha solución innovadora de prestacións de comunicación e control avanzado, que posibilite o control intelixente de equipos sinxelos.

O proxecto busca obter unha alternativa viable desde o punto de vista económico que permita dar resposta ás demandas e necesidades das PYMES do sector naval, superando as limitacións que presentan actualmente este tipo de máquinas de amplo uso, e para as cales aínda non existe unha solución intelixente que iguale a súa funcionalidade á dos equipos máis complexos.

O consorcio:

Este proxecto está financiado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, así como pola Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia no marco da convocatoria #AEI2022.

Scroll ao inicio