Faite socio

Asocia a túa empresa a ACLUNAGA e fortalece a túa presenza no sector naval. Goza dos nosos servizos, conéctate cos nosos asociados e benefíciate da innovación, apoios e recursos que podemos ofrecerche. Déixanos os teus datos a través do seguinte formulario e poñerémonos en contacto contigo na maior brevidade posible.

Contáctanos para comezalo proceso

Revisa os Estatutos de ACLUNAGA, todalas empresas deben adscribirse a eles.


Requisitos:


– Ter centro de traballo na Comunidade Autónoma Galega.

– Que a súa facturación total ou parcial proceda directa ou indirectamente do sector naval ou marítimo.

– Que a súa actividade esté integrada dentro da cadea de valor do sector naval e marítimo.

– Os asociados, persoas físicas, deben de ser maiores de idade ou menores emancipados con capacidade de obrar e non estar suxeitas a inhabilitación ou condición legal para o exercicio do dereito.

– Os menores de máis de 14 anos non emancipados necesitan o consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que deban suplir a súa capacidade.

– As entidades xurídicas de natureza asociativa requirirán o acordo expreso do seu órgano competente, e as de natureza institucional, o acordo do seu órgano reitor.

Scroll ao inicio