Hardco Consulting Spain S.L. (HC Grupo)

Equipo y accesorio de casco y cubierta

HC GRUPO é unha empresa dedicada ao servizo do sector naval e industrial que ofrece a venda e asistencia técnica de primeiras marcas do mercado, tanto para novas construcións como para reposición.

Conta cun equipo de enxeñeiros propios e asociados con máis de 40 anos de experiencia, estando a disposición dos seus clientes para as marcas que representa e das que é distribuidor. Achega solucións e servizos integrais no sector naval e industrial.

As compañías que conforman HC GRUPO dan resposta ao sector naval e industrial en Europa, EUA e América Latina, cunha das redes máis sólidas, extensas e con maior experiencia no sector naval. Ademais, continúa medrando.

O éxito acadado ata o momento foi posible grazas á súa continua innovación comercial e a contar cos mellores colaboradores: grandes marcas, empresas e talleres técnicos.

SUBMINISTROS
Ofrece tren de propulsión completo, todas as bombas do barco, solucións para a potabilización e o tratamento da auga, material de cuberta, sistemas de ventilación para salas de máquinas, refrixeradores e moito máis.

HABILITACIÓN NAVAL
Realiza estudos de habitabilidade, proxectos de acomodación “chave en man” e subministración de compoñentes para habilitación.

ENXEÑERÍA
Desenvolve o deseño, cálculo e dimensionamento de equipamentos, capacidade de fabricación, servizos de campo, optimización da embarcación para aforro de combustible e estudos de eficiencia enerxética.

OUTROS SERVIZOS
Presta servizos de plans de mantemento preventivo e correctivo de flotas, central de compras, loxística internacional, cursos de capacitación e organización e presentación de licitacións públicas.

ACTIVIDADE

GRUPO

PRODUTO

EQUIPOS E ACCESORIOS DE CASCO E CUBERTAElementos / AccesoriosPuertas metálicas
EQUIPOS E ACCESORIOS DE CASCO E CUBERTAElementos / AccesoriosXanelas, portillos, lumbreras etc.
EQUIPOS E ACCESORIOS DE CASCO E CUBERTAElementos / AccesoriosEscotillas, registros, escalas, etc. para tanques propios
EQUIPOS E ACCESORIOS DE CASCO E CUBERTAEquipo de cubertaDefensas
MAQUINARIA AUXILIARGrupos electrógenos1
SERVIZOS PROPIOS DO BUQUERefrixeración e circulación (A.S. e A.D.)1
SUMINISTRADORESMaquinaria auxiliar1
CONTACTO
Scroll ao inicio