Estatutos de Aclunaga
CAPÍTULO II
«DOS ASOCIADOS»
Artigo 7. Requisitos.
Para a adquisición da condición de socio numerario será necesario cumprir cos seguintes requisitos:
- Ter centro de traballo na Comunidade Autónoma Galega.
- Que a súa facturación total ou parcial proceda directa ou indirectamente do sector naval ou marítimo.
- Que a súa actividade esté integrada dentro da cadea de valor do sector naval e marítimo.
- Os asociados, persoas físicas, deben de ser maiores de idade ou menores emancipados con capacidade de obrar e non estar suxeitas a inhabilitación ou condición legal para o exercicio do dereito.
- Os menores de máis de 14 anos non emancipados necesitan o consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que deban suplir a súa capacidade.
- As entidades xurídicas de natureza asociativa requirirán o acordo expreso do seu órgano competente, e as de natureza institucional, o acordo do seu órgano reitor.
- Artigo 8. Clase de asociados
Dentro da asociación poderán existir as seguintes clases de asociados:
a) Socios fundadores: son aqueles que no seu día suscribiron o Acta fundacional.
b) Socios de honor: son aqueles asociados que sexan nomeados con carácter honorífico pola Asamblea Xeral, tendo voz nesta pero non voto, estando exonerados de pago de cuota algunha.
c) Socios de número ou numerarios: serán aqueles que sexan aceptados pola Asamblea Xeral para integrarse á Asociación con posteridade á constitución desta, sempre que cumpran cos requisitos establecidos nos presentes Estatutos.
d)Socios colaboradores ou cooperadores:son aqueles socios que realicen actividades de colaboración coa Asamblea, pero que non terán dereito de sufraxio nas Asambleas, debendo ser tamén nomeados pola Asamblea Xeral, abonando no seu caso a cuota que fixe esta.
- Artigo 9. Perda da condición de asociado.
1.- A condición de asociado, pérdese:
a) Por vontade propia, que se faría efectiva mediante presentación de renuncia, por escrito ante a Xunta Directiva e dirixida á secretaría da Asociación. A renuncia deberá facerse con dous meses de antelación a que deba facerse efectiva a baixa.
O asociado quedará obrigado ao pago das cuotas que lle correspondan durante os seguintes dous meses e dos compromisos económicos adquiridos con anterioridade a súa renuncia.
b) Por falta de pago de seis cuotas, que será efectiva desde a notificación do acordo adoptado pola Xunta Directiva, ao interesado.
O asociado que perdera a súa condición polo suposto sinalado no apartado anterior, poderá ser rehabilitado na súa condición de asociado, se no prazo de seis meses desde a notificación abónanse as cuotas pendentes de pago.
c) Por incumprimento dos presentes Estatutos ou de acordos válidamente adoptados polos órganos da Asociación, así como a realización de accións que danen gravemente os intereses da Asociación.
d) Por falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
2.- A expulsión de asociados nos supostos dos apartados b) e c) do párrafo anterior, será acordada pola Xunta Directiva, despois da audiencia do asociado interesado. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asamblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución, se poderá recurrir ante a xurisdicción ordinaria.
3.- Os asociados que perdan a súa condición de socio, perderán asimesmo, os posibles dereitos sobre o patrimonio da asociación.
4.- Se algún asociado desexa recuperar a súa cualidade de socio deberá dirixirse por escrito á Xunta Directiva, seguindo idéntico procedemento que para a admisión dun novo socio.
- Artigo 10. Dereitos..
1.- Os asociados teñen os seguintes dereitos:
a) Participar na Asamblea Xeral con voz e voto sempre e cando estean ao corrente das súas obrigacións coa asociación.
b) Ser elixidos membros da Xunta Directiva.
c) Recibir da asociación os servicios establecidos e formar parte dos comités e grupos de traballo que se creen para o estudo e proposta de materias de interese xeral ou específicos dunha actividade.
d) Recibir, a través da Asamblea Xeral, a información suficiente sobre o desenvolvemento e a marcha económica da asociación.
e) Todo socio poderá, ademáis, con gastos ao seu cargo, efectuar a auditoría de contas anuais da asociación, aínda que estas foran xa auditadas por unha Auditoría de Contas independentemente encargada pola propia asociación.
f) Delegar a súa representación para asistir á Asamblea Xeral, noutro socio ou no Presidente ou Secretario da Asamblea, podendo efectuar dita delegación por escrito remitido ao Presidente da Asociación, ou ben mediante fax, ou e-mail.
g) Intervir e expresar librmente, tanto de maneira escrita como verbal, calquera asunto que afecte á Asociación, sempre e cando se cumpra coas normas regramentarias e estatutarias.
h) Intervir conforme as normas legais e estatutarias, na xestión económica da Asociación.
i) Exercitar tódalas accións e recursos que considere pertinentes en defensa dos seus intereses e instar á Asociación para que interpoña as accións e recursos que considere oportuno para a defensa dos intereses que deben ser amparados pola Asociación.
j) Ser oídas con caracter previo á adopción de medidas disciplinarias contra elas e ser informadas dos feitos que dan lugar a ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impongan a sanción.
k) Impugnar os acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á ley ou aos Estatutos.
2.- Non poderán exercer o dereito de sufraxio activo e pasivo os asociados que non estean ao día no pago das cuotas sociais.
3.- Os asociados de honor non poderán intervir na dirección da asociación non nos órganos de representación desta, pero poderán asistir ás asambleas con voz, pero sen voto.
- Artigo 11. Obrigacións.
Son obrigacións dos asociados:
a) Participar la elección sos representantes nos órganos de goberno da Asociación.
b) Acatar e cumprir os presentes Estatutos e demáis pactos fundacionais, así como os acordos adoptados en forma legal polos órganos de goberno da Asociación.
c) Cumprir e facilitar o desenvolvemento das fins da Asociación dentro das normas máis estrictas da ética profesional e empresarial.
d) Colaborar, na medida das súas posibilidades nas actividades da Asociación.
e) Pagalas cuotas ordinarias e extraordinarias, e derramas que se acorden pola Asamblea de socios.
f) Desempeñar os cargos para os que fosen elixidos coa dilixencia dun representante legal e responsable.
g) Non comprometer con actuación propias as accións emprendidas pola Asociación, en base aos acordos dos órganos de goberno competentes da mesma.
h) Facilitar á Asociación a información, documentación e colaboración que se lle demande para o cumprimento dos obxectivos previstos.
i) Asistir ás Asambleas e demáis actos organizados pola Asociación.
- Artigo 13. Organización da Asociación.
Los órganos de gobierno y representación de la Asociación son la Asamblea General y la Junta Directiva, que adoptarán sus acuerdos de conformidad con el principio mayoritario o de democracia interna.