Jungsmind Group é unha consultoría de I+D+i fundada en 2014 por Aaron Casado Medeiros, quen conta con máis de 15 anos de experiencia no sector naval e industrial. Está situada en Galicia, pero o seu ámbito de traballo esténdese por toda Europa.
A empresa especialízase en axudar aos seus clientes para participar de maneira eficiente en programas de financiamento de I+D+i, adoptando unha perspectiva de Innovación 360. Ofrecen acompañamento integral desde a concepción inicial do proxecto, formación de consorcios, redacción de propostas, envío á autoridade pública correspondente, diseminación, coordinación, xustificación e controis do proxecto ata o seu peche.