Astillero Blascar - A Graña S.L.

Estaleiros

Desde o século XIX xeracións de profesionais do naval foron executando proxectos de buques que uno tras outro contribuíron a aumentar o prestixio da comarca de Ferrolterra como referente da enxeñería naval e oceánica.

Á vez que os deseños fóronse modernizando, as instalacións da Graña foron adaptándose para cubrir as demandas dos armadores de todos os segmentos do mercado.

Á tradición na construción e reparación de pesqueiros, a oficina técnica de Bláscar sumou a especialización na última década en buques e plataformas con destino á obra marítima así como en proxectos de remolcadores.

Da internacionalización da empresa nos últimos tempos é boa mostra a participación en proxectos no continente centro e suramericano e tamén en países do norte de África

  • Dragaxe e obra marítima
  • Remolcadores
  • Offshore
  • Pesqueiros
  • Barcazas

Novas construcións

As características das nosas instalacións permítennos abordar proxectos de gran envergadura:


Reparacións

O profundo coñecemento que o noso persoal ten de distintos segmentos de buques dános a experiencia e a versatilidade para acometer calquera reparación ou reforma


Instalacións:

Superficie total: 33.000 m2

Superficie construída: 4.000 m2

Superficie bancadas: 7.000 m2

Peso muerto morto máximo: 1.500 tons.

Eslora de varada máxima: 75 m

Manga de varada máxima: 16 m

Manga máxima de botadura: 30 m

Centro de mecanizado e corte

Centro de caldeiraría e tubaxe

Taller de carpintería naval

3 Puentes guindastre: 15 Tn

1 Guindastre torre: 10 Tn

1 Guindastre móbil

CONTACTO
Scroll ao inicio