Xa dispoñible o informe sobre o estado do arte da realidade virtual e aumentada e o metaverso
21 de xuño 2024
Twin Navaux

Despois de meses de traballo e colaboración, comprácenos compartir que xa está dispoñible o Informe de Estado del Arte de la realidad virtual y aumentada y del metaverso.
Este informe é un compoñente crucial do noso proxecto TWIN NAVAUX, cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal POCTEP 2021 – 2027, centrado en impulsar o uso do Xemelgo Dixital na Industria Auxiliar Naval de Galicia e Norte de Portugal.
Grazas a estas innovacións, podemos establecer a base tecnolóxica e as condicións de formación do persoal necesario para facilitar a implantación masiva de xemelgos dixitais de produto, tanto no sector naval como noutros sectores produtivos da Eurorrexión.
Qué podes encontrar neste documento?
- Aplicacións da RV/RA.
- Tecnologías de RV/RA.
- Casos de estudo de RV/RA no sector naval.
- Tecnoloxías de metaverso.
- Casos de uso do metaverso.
Plan de traballo do proxecto
para alcanzar este obxectivo as seguintes actividades:
A.1. Identificación das capacidades tecnolóxicas precisas para o desenvolvemento dun xemelgo dixital no sector auxiliar naval.
A.2. Capacitación do sector na transición cara o modelo de xemelgo dixital.
A.3. Folla de ruta de implantación do xemelgo dixital nas empresas auxiliares do sector naval.
A.4. Deseño e arranque de pilotos de xemelgo dixital de produción en empresas auxiliares do naval.
Consorcio do proxecto
Axencia galega de Innovación da Xunta de Galicia (GAIN)
Asociación Clúster do Naval Gallego (ACLUNAGA)
Universidade da Coruña (UDC)
Centro de Apoio Tecnológico à Indústria Metalomecânica (CATIM)
Universidade Portucalense Infante Dom Henrique
Ibercisa Deck Machinery S.A.
Industrias Ferri S.A.
ElectroRayma
Financiación do proxecto
A dotación económica do proxecto TWIN NAVAUX é de 1.386.666,38 €, dos cales 1.039.999,79 € son achegados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), e o resto polos socios do consorcio.
Duración do proxecto
O proxecto comeza en setembro de 2023 e finaliza en decembro de 2025.
Máis información dispoñible en https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/proyecto-twin-navaux/