Twin NavAux
O proxecto comeza en setembro de 2023 e finaliza en decembro de 2025.
Presuposto: 1.386.666,38 €
Liderado por Gain a través do CIS Tecnoloxía e Deseño, o proxecto abordará a adaptación das empresas auxiliares do naval aos novos requisitos que implicará a implantación universal por parte dos estaleiros do Xemelgo Dixital nos procesos de deseño, construción, operación e mantemento.
Ademais de Aclunaga (Asociación Clúster do Naval Galego) e GAIN, participan tamén no proxecto a Universidade da Coruña, Catim (Centro de Apoio Tecnolóxico á Industria Metalomecánica), a Universidade Portucalense e as empresas Ibercisa Deck Machinery, Industrias Ferri e Electrorayma. O orzamento total do proxecto é de 1.386.666 euros para o período de xuño de 2023 a decembro de 2025.
O consorcio:
Cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021 – 2027.