Presentación

Dende os días da carpintería de ribeira ata os grandes estaleiros de hoxe, Galicia acumula unha longa tradición na construción naval. Recoñecidos internacionalmente polo noso coñecemento ademáis de fortaleza, unha capacidade para superar adversidades e a vontade de avanzar continuamente.

ACLUNAGA

PUNTO DE ENCONTRO DO SECTOR NAVAL GALEGO

Única asociación empresarial específica do sector naval en Galicia

Constituída en 1999, a Asociación Clúster do Naval de Galicia (ACLUNAGA) foi a segunda agrupación de empresas que se creou no sector naval español baixo o concepto de Clúster. Trabállase desde entón nunha maior diversificación cara a novos sectores de alto contido tecnolóxico, ao tempo que o Clúster consolidouse como o primeiro e principal punto de encontro de todo o entramado empresarial e social que participa na construción naval.

Dende os seus inicios e impulsada pola Consellería de Industria, Comercio e Innovación, os obxectivos de ACLUNAGA centráranse na mellora tecnolóxica e a investigación, a sofisticación produtiva e as melloras de eficiencia, así como novos métodos de deseño de produción e calidade, formación e organización.

A agrupación de empresas cuxos intereses conflúen na elaboración de produtos de alta calidade xogou un papel moi relevante en situacións especialmente delicadas e na última crise económica. A cooperación empresarial, xunto coa implicación doutros axentes que inciden no sector (administración, universidade, sindicatos, asociacións sectoriais), revélase como un factor estratéxico de primeiro nivel para afrontar os retos que se presentan.

Hoxe por hoxe, a traxectoria e experiencia acumuladas polo Clúster aválano non só como a única agrupación específica do naval galego, senón tamén como o principal punto de encontro de todo o entramado empresarial (tamén social) que participa na produción, na xeración de valor e nos servizos necesarios para atender as necesidades xeradas arredor da construción naval.

ACLUNAGA – CLAVES:

  • ÚNICA DO SECTOR– Foi un dos dous primeiros clústeres de España vinculado á construción naval. Hoxe en día é a única agrupación empresarial específica desta actividade en Galicia.
  • REPRESENTATIVIDADE E COBERTURA – A larga tradición do sector naval mantén a día de hoxe a súa puxanza sobre todo en Ferrol e Vigo e as respectivas áreas de influencia (aínda que non as únicas), onde conta cunha ampla presencia e representatividade.
  • CLÚSTER – Tódalas actividades empresariais que interveñen nos proxectos de construción naval están amplamente representadas no seo de ACLUANAGA.

Na actualidade, no Clúster participan empresas cuxos produtos e servizos cobren todos os segmentos da cadea de valor da construción naval, desde estaleiros e enxeñarías ata sociedades de clasificación e certificadoras, pasando por empresas provedoras de bens de equipo e subministracións, empresas habilitadoras, instaladores ou empresas do metal. Deste xeito, o primeiro obxectivo de ACLUNAGA, consistente en converterse na institución que máis fielmente reflicte e representa o sector naval galego, está logrado. E consolidado.

ACLUNAGA EN CIFRAS:

O clúster conta actualmente con máis de 130 asociados e abarca a práctica totalidade da cadea de valor do sector.
Cadea de valor do sector naval galego integrada en ACLUNAGA

  • 12 estaleiros
  • 101 empresas da industria auxiliar
  • 7 institución de apoio (administración pública e asociacións profesionais)
  • 4 organismos de I+D+i e entorno educativo
  • 6 entidades de servizos de apoio

O ámbito xeográfico da Asociación concéntrase principalmente nas provincias de Pontevedra e A Coruña.

  • 51% Pontevedra
  • 42% A Coruña
  • 2% Lugo
  • 1% Ourense
  • 4% Outras

OBXECTIVOS

  1. Establecer un sistema de cooperación entre todos os asociados para unificar criterios e utilizar os mesmos procedementos produtivos. Apóstase, ademais, pola colaboración cos órganos administrativos para lograr un óptimo desenvolvemento empresarial.
  2. Incrementar o nivel de calidade produtiva dos asociados e lograr a homologación dos produtos elaborados polos asociados, mediante a obtención dos correspondentes certificados ISO.
  3. Fomentar o desenvolvemento da actividade industrial e a redución dos custos, unindo vontades e esforzos para incrementar o papel da industria auxiliar.
  4. Establecemento con todos os asociados dun réxime e normas de seguridade e prevención de riscos laborais, así como de protección medioambiental, para o riguroso cumprimento das disposicións
  5. Divulgar as actividades empresariais e profesionais desenvolvidas polos asociados. Lograr, ao mesmo tempo, a complicidade cos medios de comunicación, co fin de lograr a súa cooperación para a difusión destas actividades e, especialmente, dos fins da agrupación.
  6. Realizar a maior difusión das innovacións, estudos e actividades que leve a cabo a Asociación.
  7. Fomentar, coordinar e desenvolver cursos, formacións, seminarios e programas educativos tendentes á formación profesional e cualificacións en materia empresarial da actividade que desenvolven as empresas auxiliares do naval.
  8. Propiciar as relacións con entidades nacionais e estranxeiras que persigan fins semellantes.

 

ACLUNAGA É TAMÉN:

  • Socia fundadora do Clúster Marítimo Español.
  • Fundadora do primeiro Digital Innovation Hub industrial galego, DIHGIGAL, xunto con CEAGA, CLUSAGA e o Clúster TIC.
  • Patrona da Fundación Centro Tecnolóxico do Naval de Galicia (CETNAGA).
  • Membro, xunto ao Foro Marítimo Vasco, da Asociación Española da Industria Auxiliar, AEDIMAR.
  • Presidencia do Comité para o Diálogo Social ante a COmisión Europea-Sea Europe.
  • Vocal do Comité de Directores de SEA Europe.
  • Inscrita no Rexistro de Agrupacións Empresariais Innovadoras Excelentes do Ministerio de Industria Turismo e Comercio.
  • Promotora da Plataforma Tecnolóxica da Construcción Naval de Galicia.
  • Promotora do Foro de Prevención no Naval.
  • Membro colaborador do Campus do Mar da Universidade de Vigo.
  • Membro do Foro de Enerxías Renovables de Galicia.

 

PREMIOS E DISTINCIÓNS:

  • Premio Proxecto Piloto Industria 4.0: anos 2017 e 2018.
  • Premio Miguel Pardo á calidade en formación da Industria Auxiliar do Naval (Clúster Marítimo Español): ano 2009.
  • Medalla de Ouro do Porto de Vigo: ano 2008.

 

ACTUACIÓNS DESTACADAS DE ACLUNAGA:

  • Proyecto RESURGAM (Inspección, reparación y fabricación robótica. Introducción de la soldadura Friction Stir Welding de alta productividad en los astilleros europeos)
  • Proxecto IN 4.0 (adaptación do modelo da Industria 4.0 ao Sector da Construción Naval Galego)
  • Proxecto MANUFACTUR 4.0 (desenvolvemento e implementación de tecnoloxías intelixentes e innovadoras nos sectores naval e metalmecánico)
  • Proxecto CONSORTEX (formación de consorcios de exportación na internacionalización europea)
  • Proxecto SHIPBUILDING 4.0, cara á industria robotizada, 2015
  • Medición conxunta de Espazos Confinados en Navantia para a Industria Auxiliar, 2010
  • Plataforma tecnolóxica do Sector Naval, 2010
  • Proxecto REFRESH do Sétimo Programa Marco, 2010.
  • Plan de Formación para o sector naval galego, 2009, 2004, 2001
  • Proxecto AUXNAVALIA de mellora da competitividade da IAC, cofinanciado polo Espacio Atlántico, 2009
  • Promotor do Centro Tecnolóxico do Naval Galego, CETNAGA, 2008
  • Proxecto de Control de Acceso a Estaleiros, 2008.
  • Proxecto INVIRNAGA, deseño de ferramenta de deseño naval universal, 2003
Scroll ao inicio