SMART CRANE II. Investigación e desenvolvemento dun sistema intelixente e de predición para o aseguramento dos movementos de cargas aéreas mediante pontes grúas en espacios industriais á intemperie
Datas de execución: maio 2023 - abril 2024
Presuposto: 257.867,00 €
O proxecto Smart Crane II – Investigación e desenvolvemento dun sistema intelixente e predictivo para o aseguramento dos movementos de cargas aéreas mediante pontes grúa en espazos industriais ao aire libre – consiste nunha investigación sobre o uso aplicado e desenvolvemento tecnolóxico de sistemas de visión artificial capaces de dotar de intelixencia e capacidade predictiva aos pontes grúa empregados en espazos industriais abertos, co obxectivo de evitar accidentes humanos e materiais.
Trala primeira fase do proxecto, o consorcio xerará novo coñecemento científico-tecnolóxico que permitirá deseñar e desenvolver un prototipo (non comercializable) susceptible de ser empregado en probas intermedias e ensaios finais de validación nos entornos pertinentes. A implantación deste prototipo en pontes grúas non fabricados baixo os parámetros da Industria 4.0, permitirá a súa conversión cara a unha maquinaria intelixente capaz de manipular en altura cargas de pezas industriais de forma automática.
A dixitalización da documentación asociada a procesos produtivos para o sector de automoción de Galicia persegue a optimización dos procesos industriais das empresas do sector de automoción galego mediante a parametrización sectorial, a implementación e a proba dunha plataforma para a dixitalización da documentación de planta mediante formularios electrónicos. O obxectivo é ser unha fábrica con PAPEL CERO, incrementando a accesibilidade, a trazabilidade e a funcionalidade a través do emprego de instrución por voz e a consulta da información en tempo real.
O consorcio:
Este proxecto está financiado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, así como pola Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia no marco da convocatoria #AEI2023.