Proxectos con financiación europea

Galicia Exporta Organismos Intermedios
Esta entidade foi beneficiaria das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas.
Twin NavAux
O proxecto Twin NavAux ten como obxectivo establecer as condicións tecnolóxicas e de capacitación necesarias para facilitar a implantación xeral de modelos de xemelgo dixital de produto no sector auxiliar do naval na área de cooperación Galicia - Norte de Portugal.
Visual Layout Platform.VLP4.0
O proxecto VLP4.0 - Visual Layout Platform 4.0 - ten como obxectivo o desenvolvemento dunha solución dixital integral de apoio á xestión da actividade diaria das persoas que traballan en planta. A Plataforma VLP 4.0 concíbese como unha solución para a xestión visual e áxil da planta, co obxectivo de optimizar o uso dos recursos, incrementar a autonomía dos usuarios e garantir a seguridade nas operacións.
AUTOPAPERLESS II. Digitalización de la documentación asociada a procesos productivos
O proxecto AUTOPAPERLESS II - Dixitalización da documentación asociada a procesos produtivos - ten como obxectivo avanzar na evolución, implantación e validación da plataforma para a dixitalización da xestión da calidade, cuxa versión inicial foi desenvolvida na fase anterior; e á vez dotala de novas funcionalidades que a complementen para incrementar a súa accesibilidade e trazabilidade co fin de acadar o obxectivo de ser fábricas sen papel.
SMART CRANE II. Investigación e desenvolvemento dun sistema intelixente e de predición para o aseguramento dos movementos de cargas aéreas mediante pontes grúas en espacios industriais á intemperie
O proxecto Smart Crane II – Investigación e desenvolvemento dun sistema intelixente e predictivo para o aseguramento dos movementos de cargas aéreas mediante pontes grúa en espazos industriais ao aire libre – consiste nunha investigación sobre o uso aplicado e desenvolvemento tecnolóxico de sistemas de visión artificial capaces de dotar de intelixencia e capacidade predictiva aos pontes grúa empregados en espazos industriais abertos, co obxectivo de evitar accidentes humanos e materiais.
STABLESHIP. DESENVOLVEMENTO DE NOVOS SISTEMAS E MODELOS DE MONITORIZACIÓN E CONTROL DA ESTABILIDADE NAS OPERACIÓNS DOS BUQUES.
O proxecto STABLESHIP – Desenvolvemento de novos sistemas e modelos para a monitorización e control da estabilidade nas operacións dos buques – ten como obxectivo o desenvolvemento experimental dun prototipo sobre o que realizar unha monitorización, control e visualización, a través dun software deseñado para o efecto, dunha operación ou manobra do buque na que se controle a súa estabilidade, incluíndo factores matemáticos do buque como o seu calado, arranxo e escora, o deseño e xeometría do seu casco e parámetros (tensións, cargas, movementos) que inflúan no mesmo durante unha manobra determinada.
Proyecto "Navegando O Futuro" (Fomento das vocacións tecnolóxicas e a innovación no Sector Naval)
O proxecto Navegando o futuro – Fomento das vocacións tecnolóxicas e a innovación no sector naval – ten como obxectivo a realización de accións de alto impacto que consoliden a transición ecolóxica do naval e a capacitación en tecnoloxías avanzadas.
SOLUCIÓN INTELIXENTE DE CONTROL E COMUNICACIÓN DE MAQUINARIA. SICCMA
O obxectivo principal de SICCMA é contribuír á transformación dixital das PYMES, especialmente as do sector naval, mediante o desenvolvemento experimental por parte do consorcio dunha solución innovadora de prestacións de comunicación e control avanzado, que posibilite o control intelixente de equipos sinxelos.
SALA DE MÁQUINA INTELIXENTE. SAMAIN
O obxectivo principal de SAMAIN é desenvolver un sistema de monitorización remota para a súa aplicación nos equipos auxiliares dun buque.
Scroll ao inicio