Astilleros y Varaderos Lago-Abeijón

Estaleiros

Astilleros y Varaderos Lago Abeijón, S.L. foi fundada a principios do século XX, para dedicarse dunha forma única á construción de embarcacións con casco de madeira. No ano 1910 pasou á propiedade de D. Domingo González Oca, Construtor Naval Nacional, co título número 221. Previo os trámites oportunos, o 26-10-49, a inspección Xeral de Buques e Construción Naval, da Mariña Mercante, capacítalle para construír buques con casco de madeira. En 03-12-69, a Dirección Xeral de Industrias Siderometalúrgicas e Navais, autoriza o cambio de titularidade desta industria a nome de D. Domingo Lago Martínez, actual xerente, ao que capacita para construír embarcacións con casco de aceiro, madeira e poliéster . O 13-04-76, a delegación Provincial da Coruña do Ministerio de Industria, autorizou a posta en marcha e inscrición definitiva no Rexistro Industrial da Ampliación de actividades co número de inscrición 15/07179
  • Nova construción de todo tipo de buques e estruturas mariñas (buques pesqueiros, remolcadores multipropósito, buques de traballo etc.)/ etc.)

Servizo de Varada
servizos de varada de todo tipo de buques ata 100 m de eslora, 14 metros de manga, 5,80 m de calado máximo ou 1.500 toneladas de peso máximo.
Subministración de enerxía eléctrica, auga e aire.
Servizo de guindastre.
Servizo de xestión de residuos.


Mantemento de superficies
Servizos de pintado completo de todas as superficies do buque, exteriores e interiores.
Aplicación de pastas anticorrosivas de cuberta.
Aplicación de todo tipo de pinturas.
Lavado do buque con auga a presión.
Desgasificado, limpeza e chorreo de tanques.
Chorreo de casco,cuberta e interiores.


Eixos de cola, temón, hélices, toberas
Mantemento,reparación e construción de eixos de cola,temón,hélices,toberas.
Construción de temóns articulados.


Superestruturas, casco e traballos de caldeiraría en xeral
Construción e reparación de todo tipo de superestruturas (peches, paus, obra morta, pontes de mando, etc).
Construción e reparación de mamparos, reforma de habilitacións,reparación e remodelación de parques de pesca, construción de pantanos.
Construción e reparación de escotillas.
Reparación e substitución de chapas.
Construción e reparación de bulbos, quillotes, barquillas.
Alongamento de buques.
Montaxe de todo tipo de maquinarias, (maquinillas,haladores, guindastres, etc).


Sala de máquinas
Traballos de mantemento de válvulas de fondo, caixas de lodo, descargas,etc.
Reparación, construción e montaxe de tubaxes.
Todo tipo de traballos en sala de máquinas, reparación e substitución de maquinaria, redistribucións de sala de máquinas, montaxe completa de salas de máquinas etc.


Carpintería de interiores
Construción e reparación de habilitacións, (camarotes, cociñas, comedores etc.)
Construción e reparación de pontes de mando.
Forrados de neveiras, parques de pesca, gambuzas etc.
Aplicación de escuma de poliuretano.
Aplicación de poliéster.
Forrado de mamparos.
Construción e reparación de neveiras.
Carpintería de aluminio.

CONTACTO
Scroll ao inicio