STABLESHIP. DESENVOLVEMENTO DE NOVOS SISTEMAS E MODELOS DE MONITORIZACIÓN E CONTROL DA ESTABILIDADE NAS OPERACIÓNS DOS BUQUES.

Datas de execución: maio 2023 - abril 2024

Presuposto: 326.785,00 €

O proxecto STABLESHIP, apoiado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, ten como obxectivo principal o desenvolvemento experimental dun prototipo sobre o que realizar unha monitorización, control e visualización, a través dun software deseñado para o efecto, dunha operación ou manobra do buque na que se controle a súa estabilidade, incluíndo factores matemáticos do buque como o seu calado, arranxo e escora, o deseño e xeometría do seu casco e parámetros (tensións, cargas, movementos) que inflúan no mesmo durante unha manobra determinada.

O consorcio:

Este proxecto está financiado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, así como pola Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia no marco da convocatoria #AEI2023.

Scroll ao inicio