Visual Layout Platform.VLP4.0
Datas de execución: maio 2023 - abril 2024
Presuposto: 414.100,00 €
O proxecto VLP4.0 - Visual Layout Platform 4.0 - ten como obxectivo o desenvolvemento dunha solución dixital integral de apoio á xestión da actividade diaria das persoas que traballan en planta. A Plataforma VLP 4.0 concíbese como unha solución para a xestión visual e áxil da planta, co obxectivo de optimizar o uso dos recursos, incrementar a autonomía dos usuarios e garantir a seguridade nas operacións.
A plataforma VLP4.0 pretende mellorar a xestión diaria das empresas a través da integración dos principios do Lean Manufacturing coas tecnoloxías facilitadoras 4.0 e coas persoas como elemento central ao que achegar valor. A solución estará composta por software e hardware, sendo validada en dous contornos representativos con condicións reais de funcionamento (automoción e naval) e realizando a identificación e caracterización de melloras técnicas e funcionais que permitan adaptar o desenvolvemento ás necesidades reais dos sectores.
A solución dixital será adaptable ás características de cada empresa e evolutiva, permitindo a súa implantación en empresas con diferentes graos de madurez (tecnolóxicos e operativos), favorecendo o traslado de boas prácticas desde os sectores máis avanzados.
O proxecto está coordinado pola AEI Galicia Dixital (DIHGIGAL) e participan dúas empresas tecnolóxicas (Inovalabs Digital, S.L. e AR VR Meifus Engineering SL.), dúas empresas industriais (TI Group Automotive Systems, S.A. e Francisco Cardama, S.A.) e a Asociación Clúster do Naval Galego (ACLUNAGA).
Ademais de Aclunaga (Asociación Clúster do Naval Galego) e GAIN, participan tamén no proxecto a Universidade da Coruña, Catim (Centro de Apoio Tecnolóxico á Industria Metalomecánica), a Universidade Portucalense e as empresas Ibercisa Deck Machinery, Industrias Ferri e Electrorayma. O orzamento total do proxecto é de 1.386.666 euros para o período de xuño de 2023 a decembro de 2025.
O consorcio:
Financiamento: