FAUSTINO CARCELLER, S.L. é unha Oficina Técnica de Enxeñería Naval, especializada desde 1988 en servizos de enxeñería e consultoría naval. Involúcranse coas necesidades dos seus clientes, participando activamente en proxectos desde o deseño conceptual ata a enxeñería de detalle.
Realizan proxectos de nova construción e reformas, direccións de obra, estabilidades, inspeccións, estudos de remolque, homologacións, taxacións, consultoría, corresponsalía de P & I e outros servizos relacionados coa enxeñería e consultoría naval.