Ucalsa Industrial Vigo S.L.
Estrutura

Ucalsa foi fundada en 1986 como unha iniciativa empresarial vinculada á consolidada industria naval da ría de Vigo. O que comezou como un pequeno taller de caldeiraría orientado aos estaleiros locais transformouse, tres décadas despois, no principal provedor de portas e escotillas do sector naval español. Na actualidade, conta cunha moderna fábrica de máis de 10.000 metros cadrados e cun cadro de persoal superior a 60 traballadores. Hoxe en día, a maioría dos buques construídos en España incorporan algún elemento co selo Ucalsa.
A súa aposta pola fabricación de produtos personalizados, non susceptibles de produción en serie, favoreceu a súa entrada en novos segmentos e o desenvolvemento continuo de novas solucións. A empresa dispón dunha factoría de máis de 10.000 metros cadrados equipada con tecnoloxía avanzada para o tratamento do metal, onde o seu principal valor diferencial segue residindo na meticulosidade do seu departamento técnico e de cada operario.
A fabricación a medida está estreitamente ligada a estes sistemas de calidade, xa que cada novo encargo implica o deseño de protocolos específicos, a procura de solucións adaptadas e a intensificación dos controis. Ao longo destas tres décadas, o equipo de Ucalsa acadou un elevado nivel de cualificación, acumulando unha sólida experiencia que lle permite desenvolver proxectos conforme aos requirimentos dos seus clientes e afrontar con solvencia calquera desafío técnico.
ACTIVIDADE | GRUPO | PRODUTO |
| ESTRUTURA | Elementos e partes estruturais | Fabricación de bloques “chave en man” (só estrutura) |
| ESTRUTURA | Elementos e partes estruturais | Fabricación de bloques “chave en man” con armamento |
| ESTRUTURA | Elementos e partes estruturais | Fabricación de seccións de bloques planos |
| ESTRUTURA | Elementos e partes estruturais | Fabricación de seccións de bloques curvos |
| ESTRUTURA | Elementos e partes estruturais | Fabricación de políns e outros elementos da estrutura (cintón, defensas, amuradas, varandas, casetas, tambuchos, etc.) |
| EQUIPO E ACCESORIOS DE CASCO E CUBERTA | Elementos / Accesorios | Puertas metálicas |
| EQUIPO E ACCESORIOS DE CASCO E CUBERTA | Elementos / Accesorios | Escotillas, registros, escalas, etc. para tanques propios |
| EQUIPO E ACCESORIOS DE CASCO E CUBERTA | Elementos / Accesorios | Outros elementos/accesorios: tecles, pisos, plataformas, varandas, paus, mastros etc. |
CONTACTO
- Camiño Caramuxo, 25-27. Cp: 36213, Vigo, Pontevedra
- +34 986 238 865
- ucalsa@ucalsa.es
- www.ucalsa.es
