Cogaltra S.L.

Estrutura

Cogaltra é unha sociedade constituída en 2020, promovida por Grupo Intaf e Tumbadoiro, coa participación de Mecanizados Moan, Demaq e Ipagarma. Foi financiada polo IGAPE no marco do programa Centros de Fabricación Avanzada, financiados con fondos FEDER. Iniciou a súa actividade de tratamento térmico en 2022, aplicando as tecnoloxías produtivas máis innovadoras do mercado.
 

O proxecto nace para facer fronte á escaseza de empresas que realicen tratamentos térmicos sobre aceiros, coas dimensións, calidade, prezo e prazos adecuados ás necesidades propias dos promotores e daquelas entidades que amosaron o seu interese e, en xeral, ao tecido industrial galego que demanda de forma continua este proceso.

Servizos:

  • Cementación e temperado ao baleiro con posterior revenido de pezas de aceiro.
  • Templado en aceite ao baleiro
  • Distensionado.
  • Análise de composición química de metais con base de ferro, cobre ou aluminio.
  • Análise metalográfica
  • Perfil de dureza e medición do espesor da capa
  • Dureza superficial
ACTIVIDADEGRUPOPRODUTO
ESTRUTURAMateriais para construción/fabricaciónAceiros (chapas e perfís)
ESTRUTURAMateriais para construción/fabricaciónAceiros inoxidables (chapas e perfís)
TRATAMENTO E PROTECCIÓN DE SUPERFICIESOutras protecciónsEstudos
TRATAMENTO E PROTECCIÓN DE SUPERFICIESOutras protecciónsOutras proteccións
  • Forno de cementación e temperado ao baleiro cunha capacidade máxima de carga de 3.000 kg. Dimensións máximas de carga: Ø 1500 x 2000 mm.
  • Forno de revenido e distensión, cunha temperatura máxima de 750 ºC e unha uniformidade de ±7 ºC. Capacidade de ata 3.500 kg e dimensións de carga de 1800 x 1800 x 2300 mm.
  • Espectrómetro óptico de emisión portátil e compacto con excitación por chispa UV para a determinación da composición química de materiais con base de ferro, cobre e aluminio.
  • Laboratorio metalográfico equipado para a preparación de mostras (cortadora, prensa de embutición e pulidora automática).
  • Durómetro Vickers con mesa motorizada e capacidade de carga entre 50 g e 10 kg (HV0,05 a HV10).
  • Microscopio invertido calibrado con obxectivos de 5X, 10X, 20X e 50X. 
CONTACTO
Scroll ao inicio