Gemelo Digital en el naval y otros sectores industriales

18 de diciembre 2023

O proxecto TWIN NAVAUX, pertencente ao programa POCTEP 2021-2027 e dotado cun orzamento total de máis de 1.300.000 euros ten como obxectivo principal promover a implantación do xemelgo dixital na industria auxiliar naval de Galicia e Norte de Portugal. O seu propósito establecer as condicións tecnolóxicas e de capacitación necesarias para facilitar a adopción xeneralizada de modelos de xemelgos dixitais de produtos no sector naval, e tamén noutros sectores produtivos, dentro desta Eurorrexión.

En este proxecto participa la Axencia Galega de Innovación como beneficiario principal e os socios Asociación Cluster del Naval Gallego (ACLUNAGA), Universidade da Coruña (UDC), Centro de Apoio Tecnolóxico á Industria Metalomecánica (CATIM), Universidade Portucalense Infante Dom Henrique, Ibercisa Deck Macvhinery, Industrias Ferri y Electrorayma

A diferenza das simulacións convencionais, o xemelgo dixital non só simula o comportamento dun sistema, senón que crea unha réplica virtual precisa dun produto ou proceso que permite unha optimización continua. As vantaxes que ofrecen os xemelgos dixitais inclúen a diminución de erros de deseño e o incremento do rendemento dos equipos -grazas a datos e simulacións virtuais-, así como a optimización de custos -ao obter deseños mellorados que reducen as incidencias operativas-. Entre as súas funcionalidades, un xemelgo dixital de produto incorpora a caracterización do equipo, a simulación virtual do seu funcionamento ao completo e tamén tecnoloxías innovadoras como a conectividade da Internet das cousas (IoT) ou a aprendizaxe automática (Machine Learning).

Con proxeccións que indican un crecemento significativo, espérase que o mercado global dos xemelgos dixitais evolucione desde os 2.100 millóns de dólares en 2022 ata os 183.000 millíns en 2030. Por iso, resulta esencial que calquera fabricante comprenda as potencialidades que ofrece esta tecnoloxía.

Neste contexto, TWIN NAVAUX non só busca fomentar a innovación industrial, senón transformar as cadeas de valor das pequenas empresas auxiliares do sector naval. Cun investimento sólido e a participación diversa de actores, o proxecto ten como obxectivo implementar tecnoloxías sustentables para mellorar a competitividade e fomentar emprego de calidade no sector empresarial naval.

Enfoque estratéxico

TWIN NAVAUX trata aspectos chave para impulsar esta transformación da industria. Os eixos de intervención son catro:

  1. Identificación da situación actual: levarase a cabo unha análise exhaustiva da implementación de tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) do xemelgo dixital para comprender a capacidade tecnolóxica das empresas no sector.
  2. Definición de compoñentes esenciais: determinarase que elementos básicos son necesarios para implementar un xemelgo dixital e culminarase coa creación dunha arquitectura estándar para a súa aplicación á industria.
  3. Desenvolvemento de proxectos reais: estableceranse proxectos de implantación práctica de xemelgos dixitais, ademais dunha folla de ruta específica para a súa implementación. Tamén se desenvolverá unha folla de ruta xeral para a incorporación de modelos de xemelgo dixital de produto no sector.
  4. Facilitación do éxito na posta en marcha: TWIN NAVAUX proporcionará os elementos chave para o éxito na implementación de xemelgos dixitais. Entre estes inclúense a identificación e adaptación de perfís profesionais afectados pola transición, amais da avaliación econúmica do retorno de investimento derivado da implantación de xemelgos dixitais

Un modelo de innovación de tripla hélice

A chave do éxito en proxectos innovadores a miúdo radica na colaboración estratéxica e a diversidade de coñecementos. No caso de TWIN NAVAUX, impleméntase un enfoque baseado no modelo de innovación de tripla hélice, que salienta a colaboración entre tres actores principais: o sector público, representado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), líder do proxecto; o sector académico, en que participa persoal investigador da Universidade da Coruña e da Universidade Portucalense-Infante D. Henrique; e o sector privado, conformado pola Asociación clúster Industrial do Naval Galego e diversas empresas especializadas, como IBERCISA Deck Machinery SA, Industrias Ferri SA, e Electrorayma, SL, así como o Centro de Apoio Tecnolóxico á Industria Metalomecánica de Portugal.

En conxunto, estes socios conforman unha rede interconectada que xera unha contorna propicia para o intercambio de ideas, o avance tecnolóxico e a consecución dos obxectivos do proxecto.

Scroll al inicio