ACLUNAGA participa xunto a CLUERGAL no foro ENERXIMAR 2025; no ciclo de Obradoiros sobre Enerxía e Dixitalización Cluergal organiza o próximo venres 14 de febreiro, co gallo do día mundial da enerxía, unha xornada de conclusións. O evento celébrase no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago de Compostela

14 de febreiro de 2025

Dende o pasado mes de xaneiro, Cluergal ven organizando un ciclo de Obradoiros sobre Enerxía e Dixitalización. Neles expuséronse temáticas de máximo interés do sector como a dixitalización da enxeñaría, das renovables,das redes eléctricas, da xestión enerxética ou do mantemento.

Para rematar o ciclo, Cluergal organiza o próximo venres 14 de febreiro, co gallo do día mundial da enerxía, unha xornada de conclusións. O evento elébrase no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago de Compostela co seguinte PROGRAMA:

12:00 Café de benvida.
12:15 Intervención de apertura. Representante do Igape.
12:25 Difusión de resultados do ciclo de Obradoiros de Enerxía e Dixitalización. Alberto Álvarez. Innplica.
12:35 Ponencia. Transformación Digital aplicado al OT de Energías Renovables. Centro de control de nueva generación. Impartida por Álvaro Enríquez, IT Infrastructure Manager de ENGIE.
12:55 Ronda de preguntas.
13:00 Intervención de peche. José Ramón Franco, presidente de Cluergal.

O evento é aberto ao público. Para asistir é necesario inscribirse previamente:

Este ciclo de Obradoiros de Dixitalización 4.0 dedicado ao aforro enerxético está organizado por Cluergal, coa colaboración financiera do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Scroll al inicio